Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 31/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG participou nun acto simbólico contra os desafiuzamentos celebrado en Vigo

A protesta desenvolveuse na zona dos bancos co lema “Contra o xenocidio financeiro e os desafiuzamentos. Procesemos os culpábeis”
A CIG participou esta mañá na protesta organizada pola plataforma Stop Desahucios en Vigo para rexeitar “o xenocidio financeiro” e reclamar que se procese os culpábeis. O acto incluíu unha cadea humana que percorreu as distintas entidades bancarias situadas no cruce de Colón e un minuto de silencio en memoria das persoas que se suicidaron por problemas económicos dende o comezo da crise.

A mobilización serviu para denunciar o incremento de suicidios provocados “por esta estafa” (máis dun cento en sete anos), e trasladar solidariedade ás familias que perderon os seus seres queridos. “Queremos que sintan o apoio de todos/as e que todos mostremos o noso rexeitamento a este abuso continuado por parte das entidades financeiras e dos seus gobernos cómplices”, explican.

Ao mesmo tempo, lembraron que cada desafiuzamento afecta a unha media de tres persoas, polo tanto 500.000 desafiuzamentos suporían 1.500.000 de persoas sen casa e co seu correspondente drama familiar, “mentres que os verdadeiros responsables deste xenocidio financeiro son premiados con indemnizacións e xubilacións multimillonarias”.

Tras a concentración ás portas da sede principal de NCG Banco, os participantes na protestan realizaron unha cadea humana que rodeou as distintas oficinas bancarias situadas na zona. O acto rematou cun minuto de silencio por todas as vítimas da crise.

Galería de imaxes.

cig.prensa@galizacig.com