Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 31/5/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: israel : : ONU : : PALESTINA : : UE : : xenocidio :

A CIG exixe sancións internacionais e que Israel sexa xulgado por crimes de lesa humanidade

Pola súa política xenocida contra a poboación palestina, polo ataque perpetrado contra a “flota da liberdade” e polo asasinato de civís que formaban parte da súa tripulación
A Confederación Intersindical Galega, diante do atroz ataque que vén de perpetrar o exército israelí contra a chamada “flota da liberdade”, exixe a urxente actuación dos organismos internacionais para que se impoñan de forma inmediata sancións contra Israel. A CIG denuncia a hipocrisía da UE e dos organismos internacionais en xeral, nomeadamente a ONU, por permitir o reiterado incumprimento, por parte de Israel, das resolucións internacionais e o xenocidio do pobo palestino, mentres que non ten problema algún por impor bloqueos, sancións de todo tipo e mesmo actuacións militares contra outros países, en función dos seus intereses económicos e xeoestratéxicos.

O exército israelí atacou, na madrugada deste luns, día 31 de maio, a flota internacional que se dirixía cara Gaza con axuda humanitaria, co resultado dun número indeterminado de mortos –que segundo algunhas fontes poderían chegar a 19- e máis de 36 feridos.

A CIG considera que esta actuación é unha máis das atrocidades que Israel vén cometendo con total impunidade en Palestina, por mor da permisividade da comunidade internacional, que mira para outro lado mentres o pobo palestino é vítima dunha política de exterminio sistemático do que tanto da UE como os organismos internacionais, son cómplices.

A CIG reclama a inmediata imposición de sancións, que cesen as relacións políticas, comerciais e militares, que a comunidade internacional obrigue a cumprir as resolucións aprobadas e mesmo que Israel sexa xulgado por crimes de lesa humanidade.

cig.prensa@galizacig.com