Con tal motivo, a Federación de Banca da CIG demandou da totalidade dos grupos políticos, especialmente do PP (xa que as restantes formacións xa se manifestaron publicamente en contra dos despedimentos) o apoio ás mocións de solicitude de readmisión dos/as empregados/as afectados/as.
“Caso contrario, apunta Xosé Francisco Nebril, Secretario Comarcal da CIG-Banca, serían cómplices das actuación da actual dirección que, ademais de ser nefastas, manifestan importantes irregularidades”.
Do mesmo xeito, a central sindical reclama o apoio público da industria, o comercio e a hostalería da comarca para a continuidade do recinto feiral, dada “a importancia que esta entidade representa como imaxe e proxección do tecido produtivo, comercial, e turístico de Ferrol e Comarca fronte á desastrosa xestión tanto no laboral como no económico da actual dirección”.