Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 31/8/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Concentración solidaria nos Xulgados de Vigo este luns coincidindo co xuízo a 18 persoas

A acusación particular reclámalles tres anos de cadea por presuntamente teren ocupado unha ETT
A CIG convoca unha concentración de delegados/as diante dos Xulgados de Vigo, na rúa Lalín, coincidindo co xuízo que se celebra este luns día 3 e no que se lle piden tres anos de prisión a 18 persoas -entre elas os secretarios comarcal e de organización da central nacionalista- por presuntamente teren ocupado unha empresa de traballo temporal. A protesta dará comezo ás 10.00 horas, media hora antes do inicio da sesión.
A Policía española retivo e identificou a moitas persoas cando camiñaban pola rúa en Vigo.

O proceso contra as 18 persoas baséase na denuncia presentada pola propietaria dunha ETT da rúa Romil, aínda que a propia Fiscalía rexeitou presentar escrito de acusación.

Con todo, e a pesar de que os procesados/as foron identificados pola Policía española cando se atopaban nas inmediacións do Concello de Vigo, a acusación solicita tres anos de cadea para cada un deles por presentamente teren ocupado a sede da empresa o pasado 17 de setembro e causado desperfectos no seu interior.

A concetración solidaria dará comezo ás 10.00 horas, media hora antes do inicio do xuízo, que terá lugar no Xulgado do Penal número 7 de Vigo, na rúa Lalín.

cig.prensa@galizacig.com