Non obstante, e a pesar de que a empresa non conseguiu a autorización municipal para o derrube deste silo, a policía indicou que non podían parar as obras, aínda que procederon a elaborar un informe para trasladarllo ao Concello.
Cabe lembrar que hai uns días o persoal alertou aos bombeiros dun novo incendio no silo, amosando as súas dúbidas a respecto da orixe de dito lume e das intencións da empresa. De completarse finalmente a operación, este converteríase xa no quinto depósito que desaparece da fábrica (dous caeron por pura neglixencia e deixamento da multinacional, mentres que outros dous foron destruídos por decisión da empresa).
Para os traballadores/as de Bunge esta nova actuación da empresa supón unha burla tanto para os propios empregados como para o Concello de Culleredo, o alcalde e a Inspección de Traballo.