Engaden desde a CIG-Ourense neste comunicado que "expor a estas alturas o despido libre sen trabas administrativas nen xudiciais, é tentar voltar a época da escravitude e defender unhas relacións laborais que lembran a explotación máis inhumana da historia do capitalismo. Con estas teorías para aumentar a produtividade, esta persoa non tería reparos en utilizar o látigo para conquerir aínda máis sometemento da clase traballadora".
Ataque ao Estado de Benestar
"O seu ataque ao estado de benestar e aos dereitos dos traballadores/as supera todos os feitos deica agora deixando ó descuberto o personaxe, un explotador sen escrúpulos, que se beneficia de enormes cantidades de diñeiro público en subvencións do Estado e da Xunta, e dicer, diñeiro de todos os cidadáns, mentres a maior parte da produción ven de China froito a sobre-explotación a que están sometidos alí os traballadores-as".
Por último, salientan que "as súas declaracións merecen o noso total desprezo e o de todos os demócratas".