A CIG reclama do concello de Ames que rescinda canto antes a contrata do servizo de limpeza a esta empresa. Esta é a cuarta vez que as traballadoras teñen que recorrer a medidas de presión para cobrar os seus salarios nun prazo de dous anos.
CIG-Servizos de Compostela non entende a deixazón e abandono das súas responsabilidades, por parte do concello, que é desde o primeiro momento coñecedor desta situación.