Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 4/2/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Concentración na Dirección Xeral da Función Pública en demanda da convocatoria do concurso de traslados do persoal laboral

Miles de traballadores/as levan sete anos agardando por esta convocatoria
Máis de 100 delegadas e delegados das organizacións sindicais CIG e UGT concentráronse esta mañá ante o despacho do director xeral da Función Pública esixindo a convocatoria do concurso de traslados de persoal laboral da Xunta de Galiza, que leva sete anos agardando esta convocatoria.

O Secretario da CIG-Administración Autonómica, Fernando García, denunciou que miles de traballadores levan sete anos agardando por este concurso de traslados. Ademais, continúa, as bases deste concurso están negociadas e tan só falta que se publique a convocatoria.

Pola súa banda, o director xeral recibiu aos representantes das organizacións sindicais que conseguiron arrancar o compromiso de que a mediados de febreiro a convocatoria irá á Comisión de Persoal da Xunta de Galiza para publicarse inmediatamente despois. Dende a CIG-Autonómica sublíñase que o atraso deste concurso supón tamén o atraso da toma de posesión definitiva dos laborais que aprobaron as oposición no ano 2005 e que dende aquela están nun destino provisional.

“CIG-Autonómica e o Sector da Autonómica de FSP-UGT van velar porque a Xunta cumpra o seu compromiso nos prazos establecidos, tendo presente que unha nova demora máis vai supoñer novas mobilizacións”, advirte García.

cig.prensa@galizacig.com