Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 4/2/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Inícianse as mobilizacións en defensa da existencia da Caixa de Aforros

Realizarase unha concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña, este xoves 10 febreiro ás 11:15 horas
A CIG en Novacaixagalicia ten convocada para o vindeiro día 10 de febreiro a primeira mobilización en defensa do carácter público da Caixa de Aforros fronte a intención do Goberno do PSOE, de privatizar a entidade. Por iso ten convocada unha concentración diante da Delegación do Goberno na Galiza, a partir das 11:15 horas, desprazándose posteriormente para rematar a protesta no Banco de España.

Para a CIG “non cabe agardar a que o goberno central aprobe un decreto discriminatorio que ten coma único obxectivo xustificar a privatización das Caixas”, é por iso que o vindeiro 10 de febreiro as delegadas e delegados do sindicato nacionalista en novacaixagalicai teñen convocada unha concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña, desprazándose posteriormente para rematar a protesta no Banco de España.

Unha vez coñecida a intención do goberno central de privatizar as Caixas de Aforros, a CIG entrou en contacto con UGT e CCOO para tratar de unificar posicións e fixar un calendario conxunto para dar resposta a esta nova contra reforma do goberno. Unha unidade truncada ante a negativa de CCOO e os posteriores manifestos dos sindicatos estatais a favor da bancarización de “La Caixa de Pensións” que consideran un exemplo para o todo o sector.

Dende a CIG-novacaixagalicia anuncian que as concentracións previstas son o arranque dunha campaña a favor dunha Caixa de Aforros Galega baixo control público, fronte a intención de centralizar e privatizar o sistema financeiro.

cig.prensa@galizacig.com