Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 4/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Coordenadora do Automóbil da CIG denuncia a falta de respecto de Traballo ao deixar á marxe a CIG do foro social do automóbil

Deixan fora desta mesa ao sindicato maioritario do sector
A Coordenadora do Automóbil da CIG quere denunciar a falta de respecto que demostra a Consellaria de Traballo con a CIG como sindicato maioritario no sector do automóbil, coa creación do foro social do automóbil. Calquera negociación, dentro de este foro de dialogo social carece de lexitimidade o deixar ao marxe a CIG que representa ao maior número de traballadores do sector.

A Coordenadora do Automóbil denuncia "unha vez máis o déficit democrático que ten o goberno da Xunta do PP cos traballadores do país, e que encarna de xeito vergoñento o director de relación laborais. Esta decisión está secundada unha vez máis polos sindicatos españois que non teñen miramentos en negociar o futuro do sector máis importante da economía galega, que representa o 17% do PIB do país e que dá traballo a máis de 30000 traballadores, sen a CIG, convertendo este foro nunha "cacicada" para deixar fora a CIG".

Perda de postos de traballo

No derradeiro semestre do 2009 o sector do automóbil perdeu máis de 3500 traballadores e traballadoras, 3000 só en PSA PEUGEOT CITROEN, polo que agora é o momento axeitado de combater esta situación, A Coordenadora do automóbil xa pediu de xeito reiterado a creación dun espazo de negociación entre o CEAGA e sindicatos para afrontar e paliar o problema de falta de traballo no sector. O resultado foi que tanto o anterior goberno como o goberno do PP, "fixo oídos xordos as nosas reivindicación estrañamente agora si atende as peticións de CCOO e UXT deixando de lado a CIG que é o sindicato que máis representación ten no sector".

A Coordenadora do Automóbil "ten claro que se a creación deste foro de dialogo social, igual que outros que se teñen realizado no país, e simplemente unha posta en escena para sacar unha foto, a CIG-METAL non participará. Só estará sentada se o que se negocia son medidas para manter e recuperar os postos de traballo que se perderon neste sector no país".

A ameaza da deslocalización

A aposta clara da Xunta de Galiza e o sector empresarial de levar parte do traballo para outros países é o principal problema. Hai que apostar polo mantemento dos postos de traballo no país. "Se a creación deste foro vai encamiñado en defender os postos de traballo no noso pais a CIG-METAL participará nel, traballo difícil xa que temos constancia de que o Conselleiro de Industria como empresario, ten as súas empresas en Portugal, e é o pior dos exemplos para que a administración poda ter certa credibilidade ante as partes sociais".

"Do mesmo xeito a Xunta de Galiza debe encamiñar todas as subvencións que concede ao mantemento dos postos de traballo no país, igual que fan outros gobernos en outros países coas axudas ao automóbil. Non se pode conceder cheques en branco cos impostos dos cidadáns, sen ter ningún tipo de contrapartida cara os traballadores", conclúen.

cig.prensa@galizacig.com