Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 4/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-Valdeorras rexeita os despedimentos en Cafersa e denuncia que gastaron en indemnizacións por despidos máis de 100.00 euros

Só nos casos que ten contabilizado a CIG, porque os tramita a súa asesoria, e desde xullo de 2009
A CIG de Valdeorras fai público, unha vez máis o seu rexeitamento á decisión de CAFERSA de rescindir contratos. Con falsas promesas de renovacion para dentro duns meses, e novos contratos a familiares destes, se os traballadores e traballadoras lle asinan o finiquito. Denuncian desde a Unión Local de Valdeorras a "complicidade dalguns sindicatos, pero afortunadamente non todos os traballadores/as tragan con estas estafas e moito menos a CIG desta localidade".

Estas medidas tomadas pola dirección de Cafersa, son "totalmente inxustas e inmorales, xa que rescinde contratos a traballadores/as, sabendo de antemán que estan a cometer unha irregularidade, botando a rúa a estes traballadores/as os/as mesmos/as que ata ben poucos dias lle esixia máis e máis produción e horas extras incluido os sabados".

Chamamento á Autoridade Laboral

Desde a CIG-Valdeorras fan un chamamento á autoridade laboral, "para que vixile de perto estas conductas fraudulentas, xa que ditas conductas son contrarias a toda a legilidade vixente, pero na realidade estan adulteradas e son un fraude en toda regra e animamos as/os traballadoras/os afectados a que denuncien ante maxistratura de traballo, estes ceses. Desde a CIG-Valdeorras prestaremoslle todo o noso apoio, xa que mais do 95% dos contratos feitos no sector da lousa estan feitos en fraude de lei, co cal a empresa se quere restrinxilos, terá que pagar 45 dias por ano traballado máis os salarios de tramitación, e non desfacerse dos seus empregados con 10 dias de salario".

Xuizos favorábeis a varios traballadores e traballadoras

CIG-Valdeorras xa consegiu que varios presuntos fin de contratos a traballadores/as de Cafersa, fora considerados como despidos, un feito recoñecido pola propia empresa en duas conciliacións, os outros casos pasaron a xuizo e os distintos xulgados do Social dirollena razon os/as traballadores/as demandantes e CAFERSA tivo que indemnizar con 45 dias por ano a ditos/as traballadores/as  cando Cafersa pretendia unha indemnización de fin de contrato, que se paga con 10 dias por ano traballado,

Inmoralidade empresarial

Por último denuncian que "parece que en crise todo vale, incluso a inmoralidade e cara dura destes empresarios que escudandose na crise, enganan a xente con falsas promesas de volvelos a contrar se lle asinan o finiquito".

cig.prensa@galizacig.com