Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 4/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Concentración diante do Alcampo de A Coruña.
Concentración no Alcampo de Ferrol.

Concentracións simultáneas nos Alcampos en Vigo, Compostela, A Coruña e Ferrol contra os despidos da limpeza

Reclamouse a subrogación destas traballadoras/es da limpeza e o cumprimento do convenio
O xoves día 4 de marzo, de 11 a 13 horas, celebráronse concentracións de delegados e delegadas diante dos Hipermercados Alcampo de A Coruña, Ferrol, Compostela e Vigo Coia, para protestar polos despidos dos 12 traballadores/as de limpeza. O pasado día 1 de febreiro a dirección de Alcampo contratou a empresa Amil Lago, dona dun centro especial de emprego, non subrogando ao persoal que ate ese día estaban coa empresa Tecliman.

Desde a CIG-Servizos subliñan que "non só é grave o despido colectivo, senón tamén a gravidade que significa o incumprimento da claúsula de subrogación do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais".

Obriga de Traballo

Asimesmo criticaron que "a Consellaria de Traballo non estea a obrigar ao cumprimento do convenio, dado que a empresa Amil Lago non ten cnae de limpeza. A consellería debe obrigar a cumprir a lei".

Concentracións simultáneas

Nesta xornada déronse concentracións simultáneas nos Alcampo de distintas cidades galegas e volveron ser moi numerosas e ruidosas estas concentracións que tamén contaron cun numeroso dispostivo policial dos antidisturbios.

Reunión con Alcampo

Ao remate desta mobilización, a dirección de Alcampo comunicou que deu a Amil Lago 24 horas para solucionar as deficencias no cumprimento da lei e do convenio nesta subcontrata, polo que se están a manter reunións nesta mesma tarde para coñecer cal pode ser a solución a este conflito.

Galeria de imaxes

cig.prensa@galizacig.com