Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 4/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Ao paso da manifestación de Alfageme, os parados do naval acampados fronte á Xunta sairon amosar o seu apoio ás compañeiras/os de Alfageme.
: Alfageme : : folga : : mobilización : : Promalar : : Xunta :

Nova xornada de folga na fábrica de Vigo da conserveira Alfageme diante da falta de implicación da Xunta

A incerteza sobre o futuro do persoal desta factoría obriga a volver ás mobilizacións
O 4 de marzo estaba convocada unha nova xornada de folga na fábrica que a conserveira Alfageme ten na cidade de Vigo. De novo, o seguimento foi do 100%, e estivo acompañado de distintas mobilizacións nesta xornada, desde unha manifestación desde as oficinas de Alfageme por Beiramar, durante máis dunha hora e media cortando o tránsito, até unha concentración diante da Xunta de Galiza en Vigo, e por último unha marcha até a casa de Juan Lago no Areal e unha nova visita á sede da inmobiliaria Promalar, en García Barbón.

A fabricación de conservas en Vigo está "absolutamente paralizada" por orde da Inspección de Sanidade, que requeriu á empresa a corrección dalgunhas deficiencias que, "a dirección non pretende subsanar", denunciaba Xosé Fernández Piñeiro, secretario nacional da FGAMT-CIG, nunha comparecencia diante dos medios de comunicación nesta nova xornada de folga.

Seguimento total

Asi, o persoal de Alfageme volvía sair ás rúas de Vigo nunha xornada de folga que volveu ter un seguimento total por parte das traballadoras e traballadores, que están a vivir unha situación de incerteza constante, e que a día de hoxe aínda non cobraron o salario do mes de febreiro nin unha parte da paga extra de decembro, e que continúan a vivir con anguria a posibilidade de peche desta fábrica ou a presentación dun concurso de acredores, xa que a Xunta non está a facilitar ningún tipo de información ao persoal nin se está a implicar para solucionar o conflito de Alfageme.

Rescisión de contratos

O persoal de Vigo continuará  coa solicitude de rescisión dos seus contratos diante do Xulgado pola falta de actividade existente na fábrica e despois de que fallara o acto de conciliación que tivo lugar o 3 de marzo diante do SMAC, co obxectivo de reclamar a fin da "situación angustiosa" que atravesan estas empregadas/os desde hai moitos meses xa.

Galeria de imaxes da xornada e mobilizacións 

cig.prensa@galizacig.com