Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 4/5/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-Ensino denuncia que Educación non substitúe ao profesorado que forme parte das candidaturas nas municipais 2011

A non cobertura destas baixas supón, na realidade, a eliminación dun dereito do profesorado, ou deixar ao alumnado sen a atención necesaria
A CIG-Ensino denuncia que, segundo informacións da propia administración, non van ser cubertas as vacantes creadas polo dereito das traballadoras e traballadores, no noso caso regulado polo artigo 13.5 do Real Decreto 605/1999, de 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais de cara ás eleccións municipais 2011.

Esta non substitución das baixas incide na organización e funcionamento dos propios centros educativos ou na privación do dereito por parte do profesorado, a destacar o profesorado de bacharelato, xa que logo, coincide a data do permiso electoral co final do curso (exames, avaliacións...)

Volvemos comprobar que a Consellaría se guía por criterios economicistas e deixa sen atender un número importante de alumnos e alumnas, o que repercute na organización interna dos centros e na propia docencia recibida polo alumnado.

A CIG-Ensino denunciará mañá 5 de maio na mesa sectorial a non cobertura destas vacantes e esixirá a súa cobertura.

Esta acción sumase á non cobertura de baixas de menos de 15 días, a non cobertura de baixas próximas a  períodos vacacionais... en definitiva demostra o pouco interese da consellaría nos dereitos do profesorado e incluso do alumnado.

Nota.

Artigo 13.5. Xornada electoral.

5. Os funcionarios públicos e demais persoal ao servizo da Administración do Estado e os seus Organismos autónomos, incluída a Seguridade Social, que se presenten como candidatos aos distintos procesos electorais, poderán ser dispensados, previa solicitude dos interesados, da prestación do servizo nas súas respectivas unidades, de acordo co establecido no artigo 30.2 da Lei 30/1984, de 2 de agosto, durante a campaña electoral. A competencia para a concesión do referido permiso corresponderá ao Subsecretario do Departamento ministerial, ou ao Delegado do Goberno ou Subdelegado do Goberno, cando o posto de traballo se desempeñe nos Servizos Periféricos.

cig.prensa@galizacig.com