Entre outros recortes sinalan os dos tickets para o acceso ao comedor de Alcoa e o complemento de traballo a quendas, recollido no artigo 47 do Convenio provincial de Siderometal, así como compensacións por traballos extraordinarios, nomeadamente o complemento por chamada, ou sexa, pola dispoñibilidade fora de xornada laboral.
Alén diso, a auxiliar impuxo a disposición arbitraria, por parte da empresa, das vacacións dos traballadores e a ameaza, cumprida o 2 de Maio, de retirar dous meses de xornada intensiva, dos cinco vixentes, do 1 de maio ao 30 de setembro.
O seu obxectivo, con esta convocatoria de folga é a recuperación dos dereitos recortados, e que a empresa acceda a negociar cos representantes dos traballadores calquera modificación que pretenda aplicar.
Afirman que a empresa, en varias reunións, non só non se prestou á negociación, senón que en cada unha delas ameazou con recortar máis, sen outro argumento que quen lles impón os recortes é a propia Alcoa.