Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 4/5/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Preto dun cento de afiliados/as da CIG con 25 anos ou máis de antigüidade reciben unha homenaxe en Pontevedra

Os secretarios comarcal e xeral salientaron o seu compromiso co proxecto sindical nacionalista dende o seu comezo
A CIG de Pontevedra homenaxeou onte os afiliados e afiliadas con 25 anos ou máis de compromiso co proxecto sindical nacionalista. Preto dun cento persoas recibiu un pequeno agasallo de mans dos secretarios comarcal e xeral da CIG durante o acto celebrado no salón de actos do Pazo da Cultura.

Con este acto, enmarcado dentro da campaña do Primeiro de Maio, a CIG que subliñar o compromiso destes compañeiros e compañeiras; un compromiso fundamental para que, ao longo deste anos a Confederación se puidera consolidar como central sindical representativa cunha importante implantación en todo o país e en todos os sectores produtivos, acadando o amplo respaldo social co que conta hoxe en día.

Ao mesmo tempo, alén de facer o recoñecemento individual que simbolicamente se materializa cun obsequio, a CIG pretende transmitir a mensaxe de que o que hoxe representa é froito do esforzo colectivo de moitas persoas, especialmente de todas aquelas que levan tantos anos de compromiso co proxecto sindical.

Preto dun cento de persoas (das máis de 100 que comprían os requisitos) asistiron ao acto para recoller o agasallo e recibir a homenaxe dos seus compañeiros/as. O secretario comarcal da CIG de Pontevedra, Rafael Iglesias lembrou a orixe do sindicato na comarca e fixo un repaso polos primeiros conflitos laborais nos que se implicou a central nacionalista. Agradeceu especialmente o compromiso e o traballo dos primeiros afiliados/as, sen cuxa labor a CIG actual non sería posíbel.

Solidariedade, xenerosidade e traballo colectivo

Nestas ideas afondou o secretario xeral da CIG, quen agradeceu a todos e todas as presentes o seu compromiso co sindicalismo nacionalista, "e polo tanto, coa defensa dos dereitos e dos intereses da clase traballadora galega e tamén coa defensa dos intereses nacionais de Galiza".

Máis alá do propio recoñecemento individual, Suso Seixo apostou por salientar valores como a solidariedade, o traballo colectivo, a xenerosidade ou compromiso militante e desinteresado. "Só a través deste valores se pode explicar que foramos quen de construír un proxecto sindical como o que hoxe representa a CIG", lembrou.

Finalmente, chamou a todos/as os presentes a seguir a contestar na rúa as agrasións que está a podecer a clase traballadora no actual contexto de crise económica. "Temos que levar a iniciativa en canto a ofrecer alternativas e encabezar as mobilizacións e a contestación social a estas políticas tan inxustas, antisociais, antiobreiras, antigalegas e antidemocráticas".

cig.prensa@galizacig.com