Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 4/6/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG adhírese ao manifesto contra a crise económica e o cambio climático

Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño
A Confederación Intersindical Galega vén de adherirse ao manifesto “O medio ambiente necesítate: Unidos contra a crise e o cambio climático”, elaborado con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente 2009, que se celebrará este 5 de xuño. Así mesmo, ADEGA ten convocado o sábado 6 de en Compostela, un acto reivindicativo de 11 da mañá ás 13:00 horas na praciña de San Fiz de Compostela, durante o que se dará lectura ao texto e se repartirá material informativo referente a esta data.

O manifesta está asinado, ademais da central nacionalista, por ADEGA, AELG, ANABAM, BNG, CEMMA, FEG, Grupo Naturalista Hábitat, Plataforma pola Defensa do Patrimonio de Quilmas, SLG e TURMALINA e céntrase nas “perniciosas consecuencias do actual sistema capitalista” sobre o patrimonio natural e na necesidade urxente de artellar medidas para reducir os efectos do cambio climático e frear a deterioración dos recursos naturais e a perda da biodiversidade.

No documento advírtese tamén do perigo de que nos vindeiros anos, "a integración da sustentabilidade nas políticas sectoriais pase a un segundo plano en aras da “dinamización económica”, advertindo que a loita contra o desemprego non debe facer esquecer o impacto das actividades económicas no ambiente. "Ben ao contrario: debe afortalar as oportunidades de emprego baseadas na xestión sustentábel dos recursos e a conservación dos valores naturais herdados".

Así mesmo, o sábado día 6 de xuño, ADEGA ten convocado un acto na Praza de San Fiz (xunto á Praza de Abastos) en Compostela, de 11 a 13 horas no que se dará lectura ao manifesto e se repartirá material informativo referente ao Día Mundial do Medio Ambiente.

Podes descarregar o texto completo do manifesto no arquivo adxunto ao final da nova.

Documentos
Manifesto DMMA 09 final.pdf
cig.prensa@galizacig.com