Dende a sección sindical da CIG na compañía que fabrica compoñentes para o sector de automóbil sosteñen que o afectado cumpre coa gama de traballo (plan de traballo) establecida pola empresa, o que provocou precisamente ocos na liña de produción, polo que entenden que debera ser revisada.
En resposta, convocan concentracións solidarias diante da compañía situada no polígono vigués de Valadares coincidindo co cambio de quenda. A primeira terá lugar este martes día 5 de xuño entre as 13.30 e as 14.30 horas.