Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 4/6/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O comité de Adolfo Domínguez rexeita con protestas o despido de 50 traballadores/as e a rebaixa salarial proposta pola empresa

Os empregados/as da firma téxtil ourensá iniciaron unha campaña de mobilizacións para denunciar a aplicación da reforma laboral
O comité de empresa de Adolfo Domínguez está a levar a cabo un calendario de mobilizacións para rexeitar o ERE que afecta a 50 traballadores/as e a rebaixa salarial do 5% propostos pola dirección. Dende a CIG denuncian que o empresario está a aplicar toda a agresividade da reforma laboral contra uns empregados/as que na súa maioría non superan o Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

Dende a Unión Comarcal da CIG en Ourense explicaron que o coñecido empresario, que sempre foi un defensor público do despedimento libre, intenta agora aplicar “toda a agresividade da reforma laboral do Goberno español do PP” mediante un ERE que afectaría ao 2% do cadro de persoal, unhas 50 persoas.

“Ao mesmo tempo propón unha rebaixa salarial do 5% -indica o secretario comarcal, Etelvino Blanco- sen ter en conta que os seus empregados/as xa teñen salarios moi baixos, que en moitos casos non superan o SMI”.

Diante disto, o comité de empresa xa convocou dúas protestas diante das instalacións da compañía que tivo continuidade polas rúas da cidade e non descartan continuar coas mobilizacións nos vindeiros días.

cig.prensa@galizacig.com