Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 4/7/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A práctica totalidade do cadro de persoal de Denso secunda a primeira xornada de folga indefinida

Os traballadores/as da empresa da automoción con sede en Vigo reclaman un convenio xusto
A práctica totalidade do cadro de persoal da empresa de compoñentes para a automoción Denso secundaron a primeira xornada de folga convocada polo comité de empresa (CIG, UGT e CCOO) para protestar polo bloqueo nas negociacións do convenio colectivo. Os arredor de 220 traballadores e traballadores permanecen concentrados ás portas da compañía no polígono industrial de Valadares. O secretario comarcal do Metal e o voceito da coordenadora do Automóbil da CIG achegáronse ao lugar para amosarlles a súa solidariedade. Os traballadores/as anunciaron que manterán a protesta até que as súas demandas sexan atendidas.

O presidente do comité de empresa explicou que a decisión de convocar folga indefinida adoptouse ante a intransixencia da firma da automoción na negociación do convenio colectivo. A decisión do paro, que entrou en vigor a partir das 00.00 horas de hoxe luns, adoptouse tras a negativa da dirección a chegar a un acordo en aspectos como o incremento salarial, a redución de xornada e o complemento de baixas por accidente laboral ou enfermidade profesional.

Os representante sindical da empresa con sede no polígono industrial de Valadares tamén acusa á compañía de incumprir o convenio colectivo vixente no que respecta á conciliación familiar, así como o plan de igualdade.

Precisamente, delegados/as sindicais e traballadores e traballadoras da automoción de Vigo participaron recentemente nas concentracións convocadas pola CIG precisamente ás portas das empresas Faurecia e Denso para reclamar convenios colectivos xustos e rexeitar a precariedade laboral que pretenden impoñer as compañías do sector. A acción reivindicativa incluíu o reparto de folletos e a realización de asembleas para informar do estado das negociacións dos convenios e das pretensións da patronal de empeorar as condicións de traballo.

cig.prensa@galizacig.com