Nas cartas de despedimento, que recibiron despois de negarse a traballar os domingos “case de balde”, a propia compañía recoñece a improcedencia dos mesmos e fixa indemnizacións que en conxunto superan os 60.000 euros. Isto leva á Unión Local de Valdeorras a preguntarse como é posíbel que prefiran gastar estes cartos “e non adicar nin un só céntimo á formación”, partida na que entraría a obtención dos distintos carnés de conducir.
Dende o sindicato nacionalista lembran que para modificar as condicións de traballo hai que chegar a un acordo cos afectados/as e que para adaptar traballadores/as a novas funcións é preciso contar coa formación axeitada, que debe correr a cargo da empresa. Por último, sosteñen que o número de empregados/as do servizo de limpeza viaria do Barco de Valdeorras é insuficiente, “polo que o normal sería facer novos contratos, non pretender obter máis beneficios aforrando en salarios”.