Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 4/9/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: agosto 2012 : : CIG : : datos paro : : Galiza :

Galiza pechou o mes de agosto cun total de 257.267 persoas no paro

Só un 5,5% dos 63.955 contratos subscritos o mes pasado foron de duración indefinida
Galiza rematou agosto con total de 257.267 persoas no paro, o que supón un 1,13% menos que o mes anterior. A priori pode semellar un dato positivo, aínda que se se compara cos rexistros interanuais obsérvase que o noso país contabiliza un 14,55% máis de parados/as que no mesmo mes de 2011. Salienta tamén a alta temporalidade do emprego, tendo en conta que dos 63.955 contratos subscritos en agosto só un 5,5% foron indefinidos.

Deste xeito, non se pode falar de que os datos do paro están a ter un bo comportamento no conxunto do país até que non se recupere a taxa interanual. Tampouco invita ao optimismo a alta temporalidade do emprego, xa que só un 5,5% dos 63.955 contratos subscritos en agosto foron de duración indefinida.

Así mesmo, esta leve baixada no nivel de paro non pode facer esquecer que 107.471 persoas que se atopan nesta situación non reciben ningún tipo de prestación. Un total de 80.389 perciben a prestación contributiva, mentres que o resto recibe o subsidio ou a renda activa de inserción, ingresos que non superan os 500 euros mensuais.

cig.prensa@galizacig.com