marco
A Coruña, 5/11/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Corte de tránsito en Juan Flórez (04/11/2008).
Concentración do 3 de novembro, día en que Atento comunica os 29 traslados a León.

Atento quere trasladar 29 traballadores da Coruña a León

Os empregados saen á rúa para expresar a súa protesta
Representantes de Atento comunicáronlles a 29 traballadores da sede coruñesa que, no prazo dun mes, terán que se trasladar a León. A decisión da empresa xa está a ser contestada na rúa coas primeiras mobilizacións. A CIG entende que se trata de despedimentos encubertos.

O traslado afecta 29 empregados de Atento-A Coruña, seis deles integrantes do comité de empresa e, destes, dous delegados da CIG. O mesmo día que esta compañía de telemárketing comunicou a decisión, o 3 de novembro, os representantes dos traballadores concentráronse diante da sede, na rúa Juan Flórez, onde cortaron o tránsito durante uns minutos.

O 4 de novembro o cadro de persoal volveu mobilizarse nunha concentración que convocou a CIG e na que participaron por volta de 200 persoas, entre elas numerosos delegados da central que horas antes participaran nunha asemblea no Edificio sindical. De novo houbo corte de tránsito en Juan Flórez.

Falta de información ao persoal

A CIG tamén denuncia a falta de información aos traballadores sobre outros feitos preocupantes acontecidos nos últimos tempos na compañía.

No servizo do 11822 (información telefónica) non existe nestes momentos carga efectiva de traballo, por moito que aos usuarios se lles indique nas súas chamadas que as liñas “están ocupadas”.

O secretismo, a falta de actividade no 11822 e os traslados de persoal deste servizo a outros dentro do mesmo centro de traballo levan a CIG a sospeitar que Atento está a iniciar un novo proceso de deslocalización, feito que non é novo pois o ano pasado máis de 200 traballadores foron despedidos nesta empresa na cidade da Coruña.

 

Novas relacionadas