Batalla achegará unha visión de primeira man sobre a situación política e social do Uruguai. Logo de 4 anos de goberno de esquerdas da Fronte Ampla que racharon con máis dun século de bipartidismo e de gobernos da oligarquía, ese país tan marcado pola emigración galega atópase de cheo no proceso electoral que pode reconducir o vindeiro 29 de novembro a Fronte Ampla de Esquerdas na presidencia da República Oriental do Uruguai, na segunda volta das eleccións. Unha perspectiva de pulo dos avanzos realizados até agora que se consolida ao conseguir por primeira vez, as forzas de esquerda, neste pasado 25 de outubro, a maioría parlamentar.
Á vez, analizará os procesos de articulación continental do sindicalismo de clase e dos movementos populares na América Latina que, inspirados no impulso bolivariano de integración da ALBA, van construíndo espazos comúns de resistencia e alternativa, como as formuladas no Encontro Sindical Nossa América ou a Alianza Social Continental.