Desde as dez da mañá cinco furgóns de antidisturbios rodeaban ao persoal da asemblea de parados do naval que nunha xornada máis se achegaba até outro estaleiro para trasladar aos seus compañeiros á situación que están a vivir no desemprego, pola falta de regulación de contratación no sector, que leva a que os empresarios estean a subcontratar ilegalmente man de obra barata.
Identificacións e acoso
Asi, os antidisturbios identificaban ás xentes da asemblea de parados do naval, e mesmo aos medios de comunicación presentes no acto para cubrir a información. Trasladaron a estas 20 persoas lonxe da porta do estaleiro para que non se pudieran comunicar cos compañeiros que estaban no interior de Freire, evitando deste xeito que se realizara a asemblea como pasou nesta semana en Barreras.
"Queren cortar a solidariedade do sector"
Desde a asemblea de parados do naval lamentaban a actitude despótica das forzas policiais, que o que "queren é cortar a solidariedade do sector, que non podamos falar cos nosos compañeiros, pero non van poder evitar que continuemos mobilizándonos e falando cos traballadores do sector.
Pouco despois das once da mañá e diante desta situación, os traballadores da asemblea de parados decidiron dar por rematada esta mobilización, e trasladáronse.
Máis imaxes e video
Na galería de imaxes da nosa web, ou nesta ligazón, podedes atopar máis imaxes da xornada de hoxe. Tamén podedes visualizar nesta ligazón unha peza audiovisual sobre esta nova xornada de reivindicación e loita da asemblea de parados do naval.