Baixo consignas como “Se Vigo se mobiliza o hospital non se privatiza”, os traballadores/as da sanidade pública desta área participaron de xeito masivo nunha nova mobilización contra a privatización de servizos que a Xunta pretende realizar no novo hospital da cidade.
Na protesta, segundo informan dende a CIG-Saúde de Vigo, púidose comprobar o grao de rexeitamento do persoal diante da maior agresión á sanidade pública que se recorda en Vigo e en Galiza por parte do goberno da Xunta e do PP.
Os traballadores e as traballadoras berraron consignas en contra da privatización, reclamando un hospital 100% público que garanta a calidade asistencial e as condicións laborais e sociais do conxunto do persoal.
Próximas mobilizacións
As próximas citas serán o vindeiro martes 9, cunha concentración ás 11:00h no hospital Xeral, o mércores día 10 de febreiro haberá unha concentración diante do Concello de Vigo ás 12 da mañá e o xoves 11, unha concentración no hospital Meixoeiro ás 11:00h.
Galería Gráfica
Para ver máis imaxes da mobilización levada a cabo no Hospital do Meixoeiro podes pinchar aquí ou visitar a nosa sección multimedia.
Para saber máis sobre o proceso de privatización do novo hospital de Vigo visita a web da CIG-Saúde e da CIG-Saúde de Vigo.