Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 5/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O Ministerio de Xustiza autoriza a deslocalización de Vodafone poñendo en perigo 700 postos de traballo en Vigo e A Coruña

Os traballadores/as de Bosch irán á folga o próximo día 15 de febreiro
A AEPD (Axencia Estatal de Protección de Datos) dependente do Ministerio de Xustiza, dirixido por Francisco Camaño que visitará este sábado Galiza, autorizou a Vodafone para que poda deslocalizar os distintos servizos de atención ao cliente que dan traballo en Galiza a mais de 700 persoas subcontratadas por varias empresas de telemárketing.
Para que unha empresa dentro do estado transfira datos a outra requírese o consentemento previo dos clientes. Porén, o organismo dependente do Ministerio de Xustiza, estima que cando a cesión é internacional, concretamente a paises de América Latina non é preciso. Un absurdo que permite ás empresas de telecomunicacións deslocalizar todos os servizos de atención aos clientes fóra do Estado.

Este é o caso actual de Vodafone, que solicitou 6 autorizacións a AEPD para transferir todos os datos dos seus clientes a Colombia, Perú ou Chile, coa única garantía dun contrato privado entre empresas e con total descoñecemento da clientela. Os datos dos clientes de Vodafone (persoais, económicos, etc) estarán espallados por medio mundo e incluso en países considerados perigosos polo Ministerio de Exteriores.

A transferencias dos datos da clientela é o primeiro paso para que se deslocalicen todos os servizos de atención á clientela que actualmente se realiza entre outras empresas nas plataformas de telemárketing de Sykes na Coruña e en Vigo nas plataformas Unísono e Bosch. En toda mais de 700 postos de traballo en Galiza aos que hai que sumar os despedimentos do persoal de Sykes que traballan na campaña do “1004” de telefónica, tamén deslocalizada por telefónica con anterioridade.

Complicidade do goberno central

Neste senso os despedimentos e recortes na Coruña e Vigo son froito dunha decisión empresarial coa complicidade do goberno central. Dende a Confederación Intersindical Galega queremos denunciar que non estamos ante os efectos da crise, estamos ante unha deslocalización pura e dura por parte de Vodafone e Telefónica coa complicidade do goberno do PSOE.

Ante a visita do Ministro de Xustiza a Galiza este fin de semana, queremos solicitar unha rectificación da autorización concedida por un organismo do seu Ministerio, que beneficia claramente a unha multinacional “Vodafone”, poñendo en perigo os postos de traballo de 700 persoas na Galiza.

En todo caso, dende a CIG, xa temos convocado mobilizacións, paros e folgas nas distintas empresas afectadas, sen que descartemos medidas sectoriais fronte a un novo proceso de deslocalización no sector dos centros de chamadas. En Bosch, os traballadores e traballadoras irán á folga o vindeiro día 15 de febreiro e por esas datas tamén están previstas mobilizacións en Sykes.
cig.prensa@galizacig.com