Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 5/3/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O persoal de Correos de Lavacolla reclama melloras salariais, na organización do traballo e en materia de saúde laboral

Denuncian trabas da dirección para acceder aos días de permiso recollidos en convenio nos casos de enfermidade dun parente
Arredor duns cincuenta traballadores e traballadoras do centro de tratamento que Correos ten en Lavacolla concentráronse esta tarde diante das instalacións para reclamar melloras salariais, na organización do traballo e en materia de saúde laboral. O persoal reivindicou así mesmo que se dea cumprimento do convenio en materia de permisos por enfermidade de familiares, denunciaron que a dirección do centro non cumpriu coa obriga de reducir a xornada aos traballadores/as que tiveron que estar nas mesas electorais e mesmo ameazou ao persoal que acudise á concentración con descontar do salario o tempo da mobilización.
O persoal do Centro de tratamento automatizado de Lavacolla (Compostela) reivindicou melloras salariais e de organización e denunciou as trabas para acceder aos permisos recollidos no convenio colectivo.

O persoal, convocado pola Xunta de Persoal e o Comité de empresa de Correos da provincia de A Coruña, incidiu especialmente nas trabas que a dirección do centro pon aos traballadores/as que precisan de acceder aos días de permiso recollidos no convenio para casos de enfermidade de familiares. Segundo sinala Anxo Álvarez, da CIG-Correos de Compostela, “a Correos non lle serve sequera o certificado oficial emitido polo SERGAS nestes casos”.

Outra das denuncias que quixeron pór en destaque refírese ao incumprimento de Correos no centro de Lavacolla a respecto da redución de xornada para as persoas que tiveron que acudir como presidentes ou vogais nas mesas electorais. Segundo se recolle no DOG do 3 de febreiro, “as persoas traballadoras por conta allea nomeadas presidente ou vogal das meses electorais e que acrediten a súa condición de interventores (..) terán dereito a unha redución da xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior”. Álvarez explicou que, a pesar de darse varios casos de persoas que tiveron que asistir ás mesas, Correos non permitiu a redución das horas laborais ao persoal afectado.

A maiores, hai que engadir que dende a dirección ameazouse aos traballadores/as que asistiran a concentración do 5 de marzo con descontar dos seus salarios a parte correspondente ao tempo que permanecesen na mobilización.

Táboa reivindicativa

Ademais destas demandas, os persoal de Correos reivindicou melloras na organización do traballo, en materia de saúde laboral, de horarios, contratación e salariais. Entre outras cuestións, solicítase a definición clara dos postos de traballo, o aumento do número de carretillas para carga e descarga, a elaboración dun calendario anual pactado con todos os sindicatos con representación na provincia no derradeiro trimestre do ano anterior, redución do traballo nocturno non estrictamente necesario ou o librado do luns para o persoal que teña que facer garda o domingo.

No ámbito da saúde laboral reclaman a revisión do sistema de calefación, xa que se avaría con frecuencia, que se adecúe a roupa a cada traballo, adaptación das cadeiras e os casilleiros, arranxar as goteiras, acondicionar un servizo para persoas con discapacidade, controlar os pesos que teñen que manipular os traballadores e traballadoras ou instalar medidores de electricidade estática.

Así mesmo, solicitan un aumento do nivel de emprego no CTA de Lavacolla, aumentando o cadro de persoal en 15 traballadores/as, como mínimo, que se cubran as baixas médicas dende o primeiro día e que se contemple a posibilidade de que o persoal poida renunciar á quenda de noite. En canto ás retribucións piden a ampliación da gratificación por campaña electoral a todo o persoal e que o plus económico por traballo en sábado ou festivo sexa compatíbel co de horas nocturnas.

Novas relacionadas

cig.prensa@galizacig.com