Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 5/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG rexeita a instrumentalización partidista que o PSOE fai do Pacto polo Emprego da Costa da Morte

As Unión Locais de Cee e Carballo van presentar un escrito de queixa ao presidente deste proxecto
As Unión Locais da CIG de Cee e Carballo queren denunciar publicamente a instrumentalización partidista que o PSOE está a realizar do Pacto Territorial polo Emprego da Costa da Morte. A queixa chega logo de que o presidente do Pacto, e alcalde de Muxía, Félix Porto, convocase o vindeiro luns, 8 de marzo, aos integrantes da iniciativa (organizacións sindicais, grupos políticos e organizacións empresariais) para a presentación pública das propostas xurdidas no marco do Pacto e aprobadas polo goberno para o Plano de Reindustrialización.

Os responsábeis das Unión Locais de Cee e Carballo, Xabier Santos e Indalecio López, anunciaron que van presentar un escrito de queixa ao presidente do Pacto pola Emprego en contra da instrumentalización política que se está a facer desta iniciativa, xa que non ten sentido que o PSOE presente as axudas á Costa da Morte como partido, anunciando ademais a presenza Director Xeral de Industria, Jesús Candil, e o deputado no Congreso, Xavier Carro. Cando debería ser o Pacto polo Emprego como organismo quen anunciase os proxectos aprobados e ás empresas ás que van adxudicar as axudas públicas. Non obstante, o PSOE aprópiase desta mesa de traballo múltiple para convertela nun acto propagandístico.

Neste senso, Santos e López lembran que esta non é a primeira vez que o Partido Socialista utiliza con fin propagandísticos e para tirar réditos electorais actividades propias do Pacto polo Emprego.

Dende a Unión Local de Cee e Carballo tamén se amosaron críticos a respecto do traballo realizado no marco do Pacto polo Emprego (nacido nas Mesas do Diálogo Social) dende a súa constitución hai dous anos, xa que o “único que está a facer é contar parados e paradas”, e non avanza no impulso e dinamización da Costa Morte. “Pouco sentido ten este pacto se non promove unha industrialización real dunha zona historicamente deprimida, na que xa fracasaron todos os proxectos anteriores, incluíndo o famoso Plan Galicia do PP e o posterior Plan da Costa da Morte, e cuxo único sentido parece limitarse a favorecer actos políticos”, critican.

cig.prensa@galizacig.com