Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 5/3/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG celebra a VI edición dos Premios do Día da Clase Obreira Galega e do Día Internacional da Muller Traballadora

Nun acto de confraternidade este martes 6 de marzo en Compostela
A Confederación Intersindical Galega celebrará este martes, día 6 de marzo, a VI Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega e do Premio do Día Internacional da Muller Traballadora cun xantar de confraternización ao que están convidados, ademais de representantes sindicais, representantes de diversas asociacións, entidades e persoeiros da vida cultural, política e económica de Galiza.

Cos premios do Día da Clase Obreira Galega, a CIG, ademais de lembrar esta significativa data, pretende -por medio dun agasallo-recoñecer publicamente aquela loita dos traballadores e traballadoras que sobresaíra durante o ano anterior polas súas características e por servir de exemplo para o futuro. Do mesmo xeito, co premio do Día Internacional da Muller Traballadora, a CIG, a través da secretaría da Muller, recoñece aquela loita sindical, protagonizada por traballadoras, que salientara tamén durante o ano anterior.

O acto, que terá lugar no Pazo de Congresos, en San Lázaro, comezará sobre ás 14:15 horas e pechará coa entrega, a partir das 16:30 horas, do Premio do Día Internacional da Muller Traballadora, ao que seguirá a entrega do Premio do Día da Clase Obreira Galega. A clausura correrá a cargo do secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e terá lugar a partir das 17:30 horas.

Premios 8-10 de marzo de 2012

DESENVOLVIMENTO DO ACTO:

14:15 Horas Presentación do acto a cargo de Marta Dacosta.

14:30 horas: Proxeción dun ppoint/vídeo cos conflitos durante o xantar. Farase unha diferenzación dos mesmos tendo en conta aos que vaia destinado o premio 8 de marzo e 10 de marzo.

16:15 horas: Marta Dacosta comezará o acto facendo referenza aos compañeiros finados. Proxectarase un pequeno ppoint coas fotos. Entregará Suso Seixo unha figura de Julia Ares aos familiares de Xoán Vázquez (no caso de Manuel López Martín recollerá a figura a Secretaria Nacional da CIG-Administración)

16:30 horas: entrega dos premios 8 de marzo.

Intervención de Marga Corral

Proxeción vídeos finalistas e premiadas.

Intervención premiadas.

17 horas: entrega dos premios 10 de marzo

Intervención de Suso Seixo

Proxeción vídeos finalistas e premiados/as.

Intervención premiados/as.

17:30 horas: clausura acto a cargo de Suso Seixo.

cig.prensa@galizacig.com