Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 5/5/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Persoal de emerxencias mobilizarase o 20 de maio en Lugo na defensa da xestión pública deste servizo

Bombeiros de diferentes parques comarcais participaron nunha doazón de sangue para denunciar a precariedade que padecen
As organizacións sindicais veñen de convocaron unha manifestación o 20 de maio en Lugo en defensa da xestión pública dos servizos de emerxencias. Bombeiros de diferentes parques comarcais trasladáronse o 4 de maio a Lugo para doar sangue, xesto solidario co que quixeron denunciar a precariedade que padecen. Así mesmo, as mobilizacións proseguirán nos vindeiros meses cunha peregrinación a Compostela.

A marcha do día 20 partirá do parque público de bombeiros e concluirá diante da Deputación provincial baixo o lema “En defensa dun servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento. Contra a privatización da xestión das emerxencias e por un Estatuto do bombeiro profesional”.

Esta nova xeira de mobilizacións dá continuidade ás protestas levadas a cabo no último ano contra na defensa dun sistema de emerxencias público profesional e con medios suficientes, que poida dar cobertura con plenas garantías a cantas posíbeis emerxencias se poidan dar dentro do territorio galego, tal e como sucede no resto de autonomías.

Dende a CIG denúncianse os intentos de impoñer un modelo en Galiza privatizado, único no conxunto do Estado, no que prime a rendibilidade e o negocio por riba da seguridade, e no que os políticos concedan a xestión de algo tan sensíbel e fundamental como é a xestión das emerxencias, a empresas que o único que buscan e o lucro e o negocio, fundamentando a súa xestión na precariedade, escatimando medios humanos e técnicos.

Avanza o proceso de privatización

A constitución do consorcio provincial de emerxencias de Pontevedra, que será de xestión privada, producirase probabelmente en outono de acordo coa información transmitida á prensa polos responsábeis da Deputación. A intención destes é que o consorcio agrupe todos os parques comarcais existentes, incluído o de Silleda, que é o único que se mantén público na actualidade

cig.prensa@galizacig.com