Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 5/6/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Traballadoras/es de Galfrío péchanse nas dependencias da Xunta de Vigo para reclamar a mediación da administración

A empresa pechou a planta de elaborados que posúe en Marín, deixando na rúa a 55 operarios/as
As/os traballadoras/es de Galfrío pecháronse na mañá do venres 5 de xuño na cuarta planta do edificio administrativo da Xunta en Vigo para reclamar a administración que promova unha reunión entre a empresa, o Comité e o IGAPE coa obxecto de buscar novos socios e evitar deste xeito o despedimento de 55 operarios da planta de elaborados de Marín.

Durante algo máis de dúas horas, as traballadoras, acompañadas de representantes, permaneceron encerradas no edificio da Xunta en Vigo, onde finalmente foron recibidos pola “superdelegada” Lucía Molares, á que reclamaron que medie ante a administración galega para promover unha xuntanza entre a dirección de Galfrío, o Comité, a Xunta e o IGAPE co obxectivo de buscar novo socio para a empresa e evitar deste xeito o expediente de regulación de emprego que vai supor a eliminación de 55 dos 83 postos de traballo cos que conta na actualidade.

O acto enmárcase dentro das mobilizacións que o persoal de Galfrío vén desenvolvendo nos últimos días, protagonizando unha marcha a pé dende as instalacións da fábrica en Marín até Pontevedra, onde foron recibidos polo delegado da Xunta en Pontevedra, quen os remitiu á delegada en Vigo.

A Xunta, "escondida"

O responsábel de Mar da CIG, Xabier Aboi, explicou que levan semanas solicitando unha reunión coa Xunta para que medie no conflito, aínda que polo momento, sinalou, “está escondida”. Aboi lembrou que a empresa frigorífica Galfrío, situada en Marín, conta cunha importantes e modernizadas instalacións, polo que instou á administración galega a mobilizarse e buscar posíbeis socios.

Galfrío leva 20 anos en Marín e hai seis anos a dirección acordou ampliar o negocio montando unha nova planta de elaborados, cuxo cadro de persoal ao completo pretende agora suprimir coa presentación do ERE, quedando tan só cos 28 operarios da planta frigorífica. 

O responsábel de CIG-Mar tamén sinalou que os traballadores/as continuarán coas mobilizacións a vindeira semana até que non se achegue unha solución. Así mesmo, o luns 8 está convocada unha nova reunión ente Comité e dirección de empresa, da que posteriormente se dará conta nunha asemblea de persoal na que tamén se decidirán as medidas de presión a levar adiante.

cig.prensa@galizacig.com