Aseguran que a dirección desta empresa pretende abaratar ao máximo os seus custos para incrementar os seus beneficios, sen importarlle o tipo de prestación ofrece aos usuarios e usuarias.
Os representantes das organizacións sindicais témense que, ademais, se intenten xustificar estes despedimentos como obxectivos, acolléndose a algún dos preceptos incluídos na recén aprobada reforma laboral.
Denuncian que nesta empresa mesmo chegaron a reducir e empeorar a calidade da comida, da atención sanitaria e profesional, así como da limpeza e chaman a pórlle freo a “unha política desta empresa que prexudica tanto aos usuarios como a traballadores e traballadoras”.
Paulo Rubido, secretario nacional da Federación de Servizos da CIG, asegura que esta política de despedimentos para aforrar custos en detrimento da calidade da atención aos maiores, que son os seus usuarios, estase a repetir noutras residencias da terceira idade, nas que xa despediron a unha delegada da CIG e a outro de CCOO.