Consideran que mentres a Administración autonómica alega que está a quedar sen cartos para sufragar determinadas accións ou servizos, “non para de encher as megalomanías da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ou destina un millón de euros a vender os contidos políticos que pretende impoñer nas aulas de Primaria e Secundaria”. Neste senso, o sindicato contrapón os argumentos “falsamente técnicos” de non rendibilidade aportados pola Xunta para xustificar o peche de determinados servizos públicos co pago “indecente” de pluses aos altos cargos.
Finalmente, o sindicato rexeita o “xeito perverso” que ten o Goberno de Núñez Feijóo de xestionar os cartos públicos e repróchalle a aplicación dunha “austeridade monástica” para os traballadores e traballadoras fronte aos “dispendios” que “encherán os petos de amigos e achegados”.