O persoal acordou adoptar esta medida de presión ante a negativa da empresa a procurar un acordo para acadar unha saída a esta situación. Para visibilizar a protesta, os traballadores manteñen unha concentración diante das instalacións da empresa.
Aínda que os atrasos no pagamento dos salarios xa se converteron nunha práctica habitual, explican dende a CIG-Metal de Ferrol, nunca antes se producira unha acumulación de débeda de tal magnitude. Esta situación ten deixado aos traballadores nunha situación económica moi complicada, xa que teñen serias dificultades para facer fronte ao pago dos gastos correntes, facturas, hipotecas, etc.
Ante a falta de avances nas conversas co empresario, o persoal acordou iniciar hoxe folga indefinida e xa demandaron pola vía xudicial a rescisión dos seus contratos, para a así, polo menos, poder acceder ao cobro das prestacións por desemprego.