Dende o comité de empresa explican que a protesta tiña como obxectivo denunciar a crítica situación na que se atopa empresa, “xa que levamos sete meses sen cobrar e estamos abocados ao peche”. A compañía conta na actualidade cun cadro de persoal formado por 60 persoas.
O empresario, ademais de non abonar os salarios, descapitalizou a empresa, débelle cartos a Facenda, Seguridade Social, provedores e empresas auxiliares. “Ao mesmo tempo, vén de contratar un restruturador (mercenario) para despedir a todo o cadro de persoal”, critican.
Finalmente, anuncian que seguirán a mobilizarse en busca dunha solución ao conflito laboral.