Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 6/11/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores de Urbaser en Compostela mobilízanse pola negociación colectiva do seu convenio

Mobilizáronse até as portas do Concello de Compostela para reclamar a súa implicación
O persoal da recollida do lixo e da limpeza viairia no concello de Compostela comezou as súas mobilizacións nesta primeira semana de novembro, para demandar que se reactive e que axilice a negociación do seu convenio propio asi como para demandar a implicación do Concello de Compostela nesta negociación.

Na mañá do venres 6 de novembro tiña lugar unha mobilización desde a avenida Xoan XXIII até a Praza do Obradoiro, xusto diante do Concello de Compostela, para demandar que se negocie o convenio desta empresa adxudicataria do servizo de recollida do lixo e de limpeza viaria no ámbito municipal de Compostela.

Sen avanzos na negociación

A vixencia deste convenio propio rematou o ano pasado, e aínda que mantiveron reunións coa Patronal, desde antes do verán a dirección desta empresa mantén a mesma oferta, moi lonxe da plataforma conxunta aprobada pola asemblea de traballadores de Urbaser.

Esta manifestación foi convocada polo comité de empresa de Urbaser, do que forman parte as centrais sindicais CIG, CCOO e UGT, e anunciaron novas medidas de presión de non avanzar na solución deste conflito.

cig.prensa@galizacig.com