Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 6/3/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Alfonso Fernández Diéguez, secretario da Sección Sindical da CIG en Office Depot, responde ás preguntas dos medios. (Fotos: ©gal

Concentración ante o SMAC en apoio ao secretario da Sección Sindical da CIG en Office Depot

Novo despedimento no centro de chamadas de Ourense
Medio cento de delegados e delegadas convocados pola Federación de Banca da CIG en Ourense concentráronse o día 5 de marzo no Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación, ante a celebración do acto de conciliación previo polo despedimento do secretario da Sección Sindical da CIG en Office Depot, días antes de que se celebrase unha Asemblea de traballadores/as convocada polo Comité para a celebración de eleccións sindicais.

O centro de chamadas da empresa Office Depot en Ourense caracterízase polos numerosos despedimentos de persoas vinculadas á CIG, ou simplemente que reclaman os seus dereitos.

No caso deste despedimento, a propia empresa o recoñeceu como improcedente alegando baixo rendemento no traballo. Dáse a circunstancia de que este compañeiro estivera de baixa por un accidente e remataba de incorporarse á empresa, sendo despedido aos 15 días da alta médica. Subliñar que previamente o traballador fora cambiado de posto, polo que realmente estivo desenvolvendo as novas funcións menos de tres semanas e sen recibir formación por parte da empresa.

Para a CIG-Banca este é un despedimento preparado pola empresa, que ten como obxectivo que a CIG non poda presentar candidatura ás eleccións sindicais que foron convocadas legalmente por un “Grupo independente de traballadores” 20 días despois do despedimento.

Na concentración estiveron presentes tamén traballadoras de Office Depot que foran despedidas con anterioridade, dando o apoio a este compañeiro que sempre se destacou na defensa dos traballadores e traballadoras desta multinacional norteamericana.

A empresa non compareceu ao acto de conciliación, polo que este rematou co resultado de “Sen avinza”.

cig.prensa@galizacig.com