Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 6/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores de Siemsa Galicia mobilízanse contra os despedimentos masivos e en demanda de garantías de futuro

A compañía, con sede en A Coruña, iniciou un proceso de creación de novas empresas para dividir as súas actividades
Os traballadores de Siemsa Galicia, empresa dedicada á montaxe e mantemento dos parques eólicos, iniciaron na tarde do venres 5 de marzo mobilizacións para denunciar a destrución masiva de postos de traballo e demandar información sobre o futuro da compañía, que vén de iniciar un proceso de creación de novas empresas para dividir as súas actividades.

Dende o Comité de empresa denúnciase que no último ano a empresa despediu a case 200 persoas, pasando dos máis de 600 traballadores que tiña a finais de 2008 aos 395 que emprega neste momento. Esta sangría de despedimentos viuse paralizada nas últimas semanas, logo de que os traballadores/as ameazasen coa convocatoria de folga nos parques eólicos, aínda que polo de agora non hai garantías de que non se vaian producir novas baixas.

Así mesmo, os delegados da CIG na empresa denunciaron a situación de fraude na contratación que se da en Siemsa, xa que un gran número de operarios está contratado por obra cando na realidade leva dous anos ocupados en distintas obras, polo que deberían ser persoal indefinido.

Coa protesta os traballadores queren demandar tamén á compañía que achegue información a respecto do futuro e garanta a continuidade dos empregos diante do inicio dun proceso para crear novas empresas co obxecto de dividir as actividades que engloban a Siemsa Galicia. Dito procedemento, segundo informan os delegados sindicais, estase a realizar sen cumprir coa lexislación vixente, feito que xa foi posto en coñecemento da Inspección de Traballo, e ademais vai deixar inoperativo ao Comité electo.

Pola súa banda, Siemsa respondeu ás demandas do persoal ameazando con desprazar aos traballadores ao estranxeiro (a empresa opera a nivel internacional) e coa liquidación dos seus actuais contratos para pasalos ao convenio do metal de Madrid, considerabelmente máis baixo que o da provincia de A Coruña.

cig.prensa@galizacig.com