Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 6/5/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O Comité de Sykes rexeita a decisión da Xunta de autorizar o despedimento de 68 traballadores/as no centro de A Coruña

Entenden que a resolución da Consellaría, que estima parcialmente o ERE, é “irresponsábel e fraudulenta”
O Comité de Sykes en A Coruña amosou este mediodía a súa total oposición á resolución da Consellaría de Traballo, polo cal autoriza parcialmente o ERE de extinción presentado pola multinacional do telemárketing, aceptando o despedimento de 68 traballadores/as do centro de Agrela. Dende o Comité enténdese que a empresa non acredita ningunha das causas alegadas no expediente e que o ditame da Xunta é “irresponsábel e fraudulento” porque estima despedimentos de persoal que mesmo está recolocado noutras campañas da plataforma. Por iso, xa solicitou unha reunión urxente coa titular de Traballo, Beatriz Mato.

A continuación reproducimos o comunicado emitido polo Comité de Sykes tras coñecerse a resolución da administración galega:

O Comité de Empresa de Sykes Enterprises A Coruña, ante a estimación por parte da Xunta do ERE, que autoriza o despedimento de 68 traballadoras e traballadores do noso centro de traballo quere manifestar o seguinte:

-O Comité de Empresa oponse a estimación parcial do ERE, xa que consideramos que non se acredita ningunha das causas que alega a empresa para xustificar este despedimento masivo coma manifestamos nos contrainformes presentados polo Comité de Empresa, e polo tanto interporá recurso de alzada contra esta resolución.

-A resolución da Xunta é irresponsábel e fraudulenta porque estima despedimentos de persoal que xa está recolocado noutras campañas, e non ten en conta que outra das campañas afectadas está a ser ampliada nestes intres, abrindo a porta a que a empresa se poida liberar de persoal indefinido que é necesario para a boa prestación dos servizos.

-A resolución da Xunta  resolve 16 despedimentos de indefinidos  na campaña de Vodafone, provocando preocupación e incerteza ante o que poida afectar para producir máis despedimentos do persoal contratado por obra e servizo na campaña de Vodafone.

-O Comité de Empresa manifesta o seu mais enérxico rexeitamento e condena esta resolución da Xunta que provoca 68 despedimentos, que se veñen sumar aos 108 despedidos producidos o 31 de marzo de 2010.

-Antes todo isto, o Comité de Empresa xa ten solicitada reunión urxente coa Conselleira de Traballo, Beatriz Mato.

cig.prensa@galizacig.com