Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 6/6/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
O vicecónsul venezolano na Galiza, Pedro Ugueto, comezou a súa intervención cun “saúdo socialista, revolucionario e de clase”.
De esquerda a dereita: Elvira Patiño, Manuel Mera, Pedro Ugueto, Xurxo Martínez Crespo e María Xosé Bravo.
Momento da presentación da mostra.

Inauguradas en A Coruña as mostras “O exilio galego en Venezuela” e “Latinoamérica portas abertas”

Ambas exposicións poderán visitarse durante o mes de xuño na Casa Museo Casares Quiroga
A Casa Museo Casares Quiroga, en A Coruña (rúa Panadeiras 12), acolle durante o mes de xuño dúas exposicións que contan coa colaboración e apoio da CIG: “O exilio galego en Venezuela” e “Latinoamérica portas abertas”. Ambas mostras foron inauguradas o 6 de xuño.
Unha das fotografías que compoñen a exposición Latinoamérica portas abertas. © Federico Fernández.

A exposición O exilio galego en Venezuela, organizada pola Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA), entidade vinculada á CIG, está composta por 19 paneis fotográficos de 0´91 x 1´70 metros de dimensión. A través de máis de 100 imaxes, a mostra narra desde a chegada dos exiliados galegos a Venezuela até a vida dos seus descendentes que participaron en loitas guerrilleiras dos anos sesenta ou, xa na actualidade, en responsabilidades de goberno no proceso revolucionario bolivariano.

Latinoamérica portas abertas, mostra fotográfica elaborada pola Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados, en colaboración coa CIG-Migración, recolle unha serie de instantáneas en branco e negro de Federico Fernández, premio nacional venezolano de fotografía, que foron tomadas en Ecuador, Colombia, Nicaragua e Venezuela entre 1972 e 1998.

No acto de presentación de ambas exposicións estiveron presentes a concelleira de Cultura de A Coruña, María Xosé Bravo; o vicecónsul da República Bolivariana de Venezuela na Galiza, Pedro Ugueto; o director de FESGA, Manuel Mera; a responsábel nacional de Migración da CIG, Elvira Patiño; o secretario comarcal do sindicato, Paulo Carril; e o presidente da Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados, Xurxo Martínez Crespo.

O vicecónsul venezolano na Galiza comezou a súa intervención cun “saúdo socialista, revolucionario e de clase”. Salientou os “lazos fraternais” que unen as nosas nacións e recordou que descendentes de galegos son estreitos colaboradores do presidente Chávez no Goberno venezolano, como ocorre con Farruco Sesto ou María Cristina Iglesias. O vicecónsul indicou que o seu país segue a loitar "pola defensa da soberanía nacional e do socialismo”.

cig.prensa@galizacig.com