Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 6/6/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

BDS Galiza solicita apoios para a campaña “Stop Israel Nuclear: Un millón de voces na ONU” [ASINA NO INTERIOR]

As sinaturas avalarán a demanda, ao Consello de Seguridade da ONU, de que adopte as medidas necesarias para obrigar a Israel a abrir os seus arsenais ao escrutinio da AIEA
BDS vén de sumarse á campaña “Stop Israel Nuclear”, coa que se pretenden xuntar un mínimo de un millón de sinaturas, que serán remitidas á ONU, para reclamar ao Consello de Seguridade que adopte as medidas necesarias para obrigar a Israel a asinar o Tratado de non Proliferación Nuclear e a abrir os seus arsenais e que se poida coñecer a envergadura real do perigo que representan.

Desde que en 1974 a ONU aprobase a Resolución 3263 (XXIX), instando ao estabelecemento no Oriente Medio dunha zona libre de armamento nuclear e outras armas de destrución masiva, foron numerosas as ocasións nas que Nacións Unidas e outros organismos internacionais reiteraron o mesmo chamamento, e outras tantas as que fracasaron no seu propósito. A última, en 2010, cando a Conferencia de Revisión do Tratado de Non Proliferación Nuclear  (NPT siglas en inglés) instou á convocatoria dunha conferencia en 2012 para pór en marcha o proceso e a iniciativa foi, unha vez máis, boicotada por Israel e os EE.UU.

A declaración de Oriente Medio como zona libre de armamento nuclear implicaría a adhesión de Israel ao TNP en calidade de estado non nuclear e a ubicación de todas as súas instalacións baixo a salvagarda da Axencia Internacional de Enerxía Atómica (AIEA), ao igual que xa fixeron o resto dos estados da rexión.

Se Israel aceptara as inspeccións da AIEA das súas instalacións nucleares, o Consello de Seguridade da ONU (CS) podería coñecer a envergadura real do perigo que eses arsenais supostamente segredos representan, e estaría obrigado a tomar as medidas necesarias para eliminar a ameaza que supón para a fráxil paz da zona.

Porén, nada é como debería. Coa súa insensata e interesada irresponsabilidade, o CS  deixa a Israel as mans libres para aumentar a súa potencia nuclear fóra de calquera control, abstense de urxir o cumprimento das súas propias resolucións e revela a súa incapacidade para conxurar unha catástrofe de consecuencias fácilmente previsíbeis.

Para ver o texto que se enviará á ONU preme aquí.

Sinaturas

cig.prensa@galizacig.com