A secretaria nacional de CIG-Administración asegura que é un “insulto” a todas as traballadoras e traballadores das administracións públicas que se estea poñendo en cuestión un dereito, como o de cobrar pagas extra, que é común a toda a clase traballadora. “Custounos moitos anos conseguilo. O persoal das administracións públicas, até hai pouco non cobrabamos completas as nosas pagas extra. Foi unha loita de anos de negociación e de chegar a acordos nas mesas, porque só se nos abonaba soldo base e antigüidade”.
López Santamariña lembra que no ano 2010, cando se decretou o recorte salarial, as pagas extra das traballadoras e traballadores das administracións públicas xa sufriron un recorte dun 15%. “Neste intre xa non estamos cobrando as nosas pagas extra completas como lle correspondería a calquera traballador/a”.
Asegura que tocar de novo os salarios, xa mermados porque ao longo destes últimos anos xa se reduciron nun 23%, o que vai provocar é “un empobrecemento a pasos axigantados do persoal que neste momento traballa nas administracións”. Xunto a iso, afirma que “se comezan a desaparecer postos de traballos das administracións e recortar salarios do persoal que queda, o noso futuro vai ser moi negro”. Neste sentido, considera que deste xeito o PP retrotraería ás empregadas e empregados do sector público ás condicións laborais e salariais que tiñan en tempos pasados nos que as condicións eran “tremendamente precarias”.
Responsabiliza da actual situación a gobernos irresponsábeis que fomentaron políticas que favoreceron un modelo de economía especulativa fronte á economía real. “Agora pretenden que paguemos a súa incompetencia as traballadoras e traballadores públicos cos nosos salarios ou cos nosos postos de traballo e iso non o podemos tolerar”.
Táboa cos recortes salarias dos últimos anos
Elaborada a partir de datos do INE e dos orzamentos xerais do Estado desde o ano 2002 até este.
|
ANO |
IPC GALIZA |
IPC ESTADO |
SUBA SALARIAL |
DIF GALIZA |
DIF ESTADO |
|
2002 |
3,8% |
3,5% |
2% |
-1,8% |
-1,5% |
|
2003 |
3,1% |
3,0% |
2% |
-1,1% |
-1% |
|
2004 |
3,0% |
3,0% |
2,7% |
-0,3% |
-0,3% |
|
2005 |
3,4% |
3,4% |
2,6% |
-0,8% |
-0,8% |
|
2006 |
3,5% |
3,5% |
2% |
-1,5% |
-1,5% |
|
2007 |
5,3% |
4,9% |
2% |
-3,3% |
-2,9% |
|
2008 |
2,1% |
2,1% |
2% |
-0,1% |
-0,1% |
|
2009 |
2,6% |
2,1% |
2% |
-0,6% |
-0,1% |
|
2010 |
4,5% |
,0% |
-5% |
-9,5% |
-9,0% |
|
2011 |
3,6% |
3,1% |
0% |
-3,6% |
-3,1% |
|
TOTAL |
34,9% |
32,6% |
12,3% |
-22,6% |
-20,3% |