Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 6/8/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG obtén a maioría absoluta nas eleccións sindicais de Celsa Atlantic S.L, con cinco delegados/as dun total de nove

A empresa dificultou a presentación de candidatura no Colexio de Técnicos e Administracións pero acadou 87 votos, fronte os 29 de CCOO no de Especialistas
O pasado venres, día 3 de agosto, celebrábanse as eleccións sindicais na metalúrxica Celsa Atlantic S.L, de Laracha. A empresa, co seu decido apoio a CCOO, impedía a presentación de candidatura da CIG no colexio de Técnicos e Administrativos. Malia iso, a central sindical presentaba candidatura no colexio de Especialistas, conseguía 87 votos e cinco delegados/as, o que supón a maioría absoluta no comité de empresa.

Indalecio López Ruíz, secretario da Unión Local da CIG de Carballo, avalía moi positivamente estes resultados porque amosan o apoio dunha grande maioría de operarios/as ao traballo sindical desenvolvido pola central sindical durante estes anos. Tal é así, que malia presentarse unicamente a candidatura de CCOO ao Colexio de Técnicos e Administrativos, só participaron nese proceso 17 dos 38 traballadores/as, sete deles, ademais, para emitir unha papeleta en branco.

Porén, para o Colexio de Especialistas concorreron tanto a candidatura da CIG como a de CCOO, co resultado de 87 votos a favor da presentada pola CIG, que obtivo así 5 delegados/as, e 29 votos para CCOO, que obtivo 2.

“O persoal de Celsa Atlantic S.L. manifesta, con estes resultados, o seu claro respaldo á candidatura da CIG e á súa liña sindical e faino a pesar dos impedimentos da empresa”, afirma López Ruíz, quen lembra que as persoas que compoñían a candidatura presentada pola central sindical “foron referendadas previamente en asemblea polas traballadoras e traballadores que nos deron logo o seu apoio maioritario”.

cig.prensa@galizacig.com