Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 6/9/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Traballadores/as despedidos de Industrias González percorreron as rúas de Lalín para esixir o pago de indemnizacións e atrasos

Máis de 150 persoas participaron na manifestación convocada pola CIG na localidade pontevedresa o pasado venres
Os traballadores e traballadoras afectados polo Expediente de Regulación de Emprego extintivo presentado por Industrias González reclamaron na rúa o pago dos atrasos e indemnizacións que lles adebeda a empresa de Lalín. A manifestación, convocada pola CIG, percorreu tamén a localidade pontevedresa para denunciar a situación que padece a comarca do Deza, onde a crise económica está a provocar o peche de moitas compañías.

A marcha percorreu as rúas da localidade pontevedresa este venres día 3 de setembro a partir das sete e media da tarde para reclamar o pago dos salarios e as indemnizacións que a empresa de fabricación de estruturas metálicas adebeda aos operarios/as dende que presentou o Expediente de Regulación de Emprego alegando problemas económicos. Dende a CIG lembran que o acordo alcanzado en abril contemplaba a liquidación, antes do 31 de xullo, das débedas pendentes cos 57 traballadores/as despedidos, extremo que non se cumpriu. Na actualidade, Industrias González conta unicamente con 24 empregados/as en activo.

Dende a central nacionalista explican que coa protesta do venres tamén se pretendía denunciar a delicada situación laboral que atravesa a comarca do Deza, onde a crise económica está a provocar a destrución de centos de postos de traballo nos últimos anos. Nestes senso, o secretario comarcal da CIG de Pontevedra, Rafael Iglesias, indica que os problemas comezaron en primeiro lugar nos sectores da construción e o téxtil e agora están a afectar tamén a numerosas empresas auxiliares.

cig.prensa@galizacig.com