Nélida Pisco xunto ás compañeiras do transporte de viaxeiros da comarca de Compostela, que na súa cea anual lle fixeron entrega dun ramo e dunha placa á “condutora coraxe”.
O sindicato considera que a actitude e a resistencia desta traballadora constitúen un exemplo para quen non quere renunciar a un traballo polo feito de ser nai pese aos intentos a presións da súa empresa para que abandone. Neste caso tiveron que pasar varias sentencias e moitas concentracións e accións sindicais para que a empresa entendera que o que tiña que facer era cumprir a lei e permitir que a traballadora mantivera o seu posto de traballo.
Recentemente este exemplo de dignidade foi recoñecido polas traballadoras do transporte de viaxeiros da comarca de Compostela que na súa cea anual lle fixeron entrega dun ramo e dunha placa á “condutora coraxe”. Este é un detalle que se valora moito sobre todo despois da campaña de desprestixio que a empresa mantivo hai meses entre os traballadores e traballadoras do sector.
Desde a CIG agaárdase que, a partir de agora, co diálogo se podan solucionar os problemas que podan xurdir tras a súa reincorporación e que Nélida poda seguir desenvolvendo o seu traballo sen impedimentos ao tempo que goza da súa maternidade. Así mesmo a central desexa que o caso desta traballadora sirva para que situacións coma esta non se repitan.