Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 7/3/2013
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Galiza contabilizou en 2012 un total de 112.000 persoas en paro que non perciben ningún tipo de prestación

O país rexistra 120.000 desempregados/as máis dende o inicio da crise en 2007
Dende que no ano 2008 se comezou a destruír emprego, milleiros de traballadores/as pasaron a engrosar as listas do desemprego en Galiza. En concreto, desde 2007 temos uns 120.000 desempregados/as máis. Pero non todas as persoas desempregadas están na mesma situación. Moitas non reciben ningunha prestación, sexa por non teren cotizado o suficiente, porque levan moito sen emprego e esgotaron o tempo regulamentario ou porque nunca cotizaron. O feito é que a porcentaxe das persoas con algunha prestación reduciuse desde o ano 2010, rexistrándose en 2012 un total de 112.000 parados/as que non perciben ningunha.

Un informe do Gabinete Técnico de Economía da Confederación Intersindical Galega revela a grave situación na que se atopan milleiros de familias no noso país xa que moitas das persoas que se atopan no desemprego non perciben ningunha prestación. De feito, en 2012 contabilizáronse no noso país un total de 112.000 persoas en paro que non cobran ningún tipo de axuda.

Ademais, a taxa de desemprego non fixo máis que medrar, e xa son 120.000 as persoas que perderon o seu posto de traballo dende 2007. De igual xeito, cada vez son máis os galegos e galegas os que teñen que sobrevivir mediante a Renda de Integración Social (Risga), rexistrándose un incremento do 50% dende o inicio da crise económica.

Parados/as rexistrados, beneficiarios/as de prestacións e taxa de cobertura.

 

2007

2008

2009

2010

2011

2012

Parados/as rexistrados. Media anual

150.546

162.512

206.245

226.237

241.323

270.515

Beneficiarios/as de prestacións.

79.400

94.300

130.300

149.600

146.900

158.600

Taxa de cobertura1

52,7

58,0

63,2

66,1

60,9

58,6

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do SEPE.

 O que se coñece como taxa de cobertura (beneficiarios/as de prestación / parados/as rexistrados) situouse de media no ano 2012 no 58,6%. Quere isto dicir que 58 da cada 100 parados/as reciben algún tipo de prestación, quedando o 41,4% das persoas paradas sen ningún tipo de ingresos.

 Neste caso as porcentaxes poden non ser moi esclarecedoras, xa que no 2008 o 42% de parados/as sen prestacións correspondía a 68.200 desempregados/as. No ano 2012, este mesmo 42% supón en termos absolutos 112.000 parados/as sen ingresos, preto do dobre. O paro medrou exponencialmente, polo que aínda que a porcentaxe se manteña o número de parados/as sen prestación cada vez é maior.

 A taxa de cobertura está baixando desde 2010; ata ese ano medrara. Evolución lóxica se temos en conta que nos primeiros anos da crise a xente que queda sen emprego pasa, na maioría dos casos, a cobrar a prestación contributiva. A medida que a situación de desempregado/a se alonga, remata o período contributivo e pásase ao subsidio, até que non hai ingresos. Esta progresión vese claramente no cadro seguinte.

 Perceptores/as por tipo de prestación.

 

2007

2008

2009

2010

2011

2012

Prestación

47.211

73.936

83.400

76.327

76.644

 

Subsidio2

31.553

37.125

62.603

65.951

60.351

 

RAI3

5.223

5.438

6.825

7.347

9.919

 

Total

83.987

116.499

152.828

149.625

146.915

158.600

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do SEPE.

 Na evolución dos perceptores/as por tipo de prestación (non temos os datos do ano 2012 desagregados), ata o 2009 medran os perceptores de prestación contributiva. No ano 2010 hai unha forte caída, e a partir de aquí estabilízanse. No caso do subsidio, o forte incremento prodúcese no ano 2009, que tamén se corresponde co momento en que se pon en marcha o programa temporal de protección por desemprego e inserción (o coñecido como dos 400 euros), e practicamente estabilízase a partir deste ano, pero cada vez hai máis persoas desempregadas.

 Entre os/as que cobran algunha prestación, en decembro de 2012, a diferenza entre percibir unha ou outra é moi acusada.

 Parados/as con prestación e ingresos. Decembro de 2012.

 

Número de beneficiarios/as

Gasto

Ingresos medio por

perceptor. En euros

Galiza

 

 

 

      Total

161.782

145.402.000

898,75

      Prestación contributiva

85.921

108.137.000

1258,56

      Subsidio de desemprego

64.136

32.186.000

501,84

      Renda activa de inserción

11.725

5.079.000

433,18

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do SEPE.

 Preto de 76.000 desempregados/as ingresaron de media, como máximo, 500 euros mensuais. E se a isto engadimos os preto de 112.000 que non perciben ningunha prestación do SEPE, temos unha radiografía demoledora dunha parte moi importante dos traballadores e traballadoras galegos.

 En Galiza, unha vez rematado cos ingresos do SEPE, só nos queda a RISGA (Renda de Integración Social), unha prestación destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles. A contía é variábel dependendo de situación persoal de cada caso, pero como regra xeral acada o 75% do IPREM (Indicador público da renda de efectos múltiplos).

 Perceptores da RISGA segundo sexo.

 

RISGA

 

2008

2009

2010

2011

2012

 

Galiza

Galiza

Galiza

Galiza

Galiza

Ambos os sexos

4.350

4.798

4.989

5.416

6.427

Homes

1.506

1.732

1.871

2.159

2.725

Mulleres

2.844

3.066

3.118

3.257

3.702

Fonte: IGE.

 No lustro de crise que levamos, incrementou o número de perceptores preto do 50%; moito máis no caso dos homes onde o medre foi do 80%, mentres que nas mulleres foi do 30%.

 Por provincias a evolución tamén é desigual.

 Perceptores da RISGA segundo provincia.

 

RISGA

 

 

Ambos os sexos

 

 

2008

2009

2010

2011

2012

2012/

2008

Galiza

4.350

4.798

4.989

5.416

6.427

47,7

   A Coruña

1.717

1.655

1.529

1.474

2.335

35,9

   Lugo

405

492

468

559

589

45,4

   Ourense

658

731

779

930

858

30,3

Pontevedra

1.570

1.920

2.213

2.453

2.645

68,4

Fonte: IGE.

 A provincia de Pontevedra, a máis prexudicada pola crise, é onde máis medrou o número de perceptores da RISGA, pero con moita diferenza, xa que mentres en Pontevedra o medre foi do 68,4%, de media en Galiza foi do 47,7%.

 Pasa a ser esta provincia, a de Pontevedra, a de maior número de persoas beneficiarias desta renda.

 Aínda que aumentou moito o número de persoas perceptoras da RISGA, é moi baixo para o número de desempregados/as sen ningunha prestación que hai neste momento.

1 Taxa de cobertura = (parados/as con prestación / parados/as SEPE)*100

2 Desde agosto de 2009 inclúense os beneficiarios/as do programa temporal de protección por desemprego e inserción.

R

3 Renda activa de inserción.

cig.prensa@galizacig.com