Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 7/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
De esquerda a dereita: Luciano Luxilde (CIG), João Bonito (Comissão de Trabalhadores do BBVA-Portugal) e Teresa Richard (CIG)
: banca : : BBVA : : cimeira :

Cimeira sindical europea do BBVA en Lisboa

Promovida pola CIG
O pasado día 5, representantes dos traballadores e traballadoras de Galiza, Portugal e Inglaterra mantiveron unha reunión para tratar de unificar criterios fronte ao proceso de reconversión do BBVA en toda Europa. Franceses e vascos xa anunciaron o seu apoio a esta iniciativa sindical.
De esquerda a dereita: Luciano Luxilde (CIG), Fraser Beastall (Membro do comité de empresa europeo en representación do Reino Unido) e João Bonito (Comissão de Trabalhadores do BBVA-Portugal)

O BBVA ten en marcha un proceso de reconversión polo que pretende desfacerse de milleiros de postos de traballo en toda Europa, 400 en Galiza. Ante esta situación a CIG impulsou, coincidindo coa celebración dun Comité de Empresa Europeo en Lisboa, unha cimeira sindical na que CCOO e UGT rexeitaron participar.

O Comité de Empresa Europeo do BBVA naceu o 1 de decembro de 2001, coincidindo coa celebración do III Congreso da CIG Banca en Allariz, como unha iniciativa da CIG e da Comissão de Trabalhadores do BBVA en Portugal. Posteriormente CCOO e UGT que inicialmente boicotearon a creación do Comité Europeo, conseguiron que o Banco deixara fora ao sindicato galego.

Os sólidos contactos establecidos daquela permitiron que agora, ante a reconversión iniciada polo BBVA en toda Europa, se celebrase a Cimeira Sindical de Lisboa.

Na reunión estivo presente unha representación da Sección Sindical da CIG no BBVA composta por Luciano Luxilde e Teresa Richard, xunto coa Comissão dos Trabalhadores de Portugal e representantes do Comité de Empresa do BBVA en Inglaterra. Posteriormente os sindicatos vascos ELA e LAB e os franceses da CFDT anunciaron que se sumarán á iniciativa.

Dende a Sección Sindical da CIG no BBVA denunciaron que coa súa negativa a participar nun proxecto de unidade sindical europeo, CCOO e UGT amosan o seu rancio españolismo centralista e provinciano, así como o seu sometemento á Dirección do Banco. Neste senso denuncian que BBVA, CCOO e UGT teñen intereses económicos en común, xa que son socios na maior xestora de fondos de pensións privados do Estado español.

cig.prensa@galizacig.com