Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 7/9/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O director de Citroen en Vigo recibirá ás traballadoras e traballadores de Treves

Será o luns 7 de setembro ás 8 no Clube Financeiro de Vigo
O director de PSA Peugeot Citroën en Vigo, Pierre Ianni, recibirá o luns 7 de setembro ao Comité de Empresa de Trèves, auxiliar de Citroën que anunciou o peche dunha das súas dúas naves -dedicada ao téxtil- situadas en Pontevedra. Este encontro, que terá lugar ás 20h00 no Club Financeiro de Vigo, responde a unha expresa petición dos traballadoras, para forzar a implicación de Citroën, como cliente da planta da multinacional francesa, no conflito con Trèves.

A CIG cualificou o anuncio desta reunión como "moi positivo" e sinalou que confía en que supoña un avance para atallar os problemas que afectan aos traballadores e traballadoras, derivados da intención de deslocalizar a compañía "para abaratar custos trasladando a produción a Marrocos", segundo denuncian as centrais sindicais CIG e UGT, con representación nesta empresa.

Proposta de traslado

Os sindicatos explicarán a Ianni a súa proposta de potenciar a nave de Trèves situada no polígono industrial de Pontevedra, recolocando alí ás traballadoras da outra nave situada na Avenida de Vigo.

"Queremos que o director de PSA en Vigo lle traslade esta formulación á central de Citroën en París, onde tamén se atopa a sede de Trèves," sinalou o secretario nacional da FGAMT, Xosé Fernández Piñeiro.

"Punto de inflexión"

As traballadoras de Treves confían en que esta reunión marque un "punto de inflexión" no desenvolvemento das negociacións e manifestaron estar convencidas de que se logran o apoio de Citroën, e unha maior implicación da Xunta, o futuro das 133 afectadas polo ERE de extinción de Treves da Avenida de Vigo podería ser diferente.

cig.prensa@galizacig.com