A Exceutiva Comarcal da CIG de Ourense presentaba asi este informe, elaborado de cara ao Congreso Comarcal da CIG de Ourense que terá lugar o próximo 16 de xaneiro.
ERE's, despidos e peches
A maioria dos ERE's que foron acordados entre empresas e Comités foron de suspensión temporal e afectaron en gran medida ao sector da automoción e ao téxtil.
Na Construción hai un número importante de despidos que se producen como rescisión de contratos individuais, ou mesmo peches de empresa, sendo este un dos sectores máis afectados pola crise económica.
Desemprego e crise permanente
En canto ao desemprego, as cifras son neste caso significativas, xa que en decembro de 2009 habia 24.860 persoas anotadas, e en decembro do 2007 eran 19.623.
Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG de Ourense, analizou que "Ourense padece unha situació de crise permanente, na que os dous últimos anos tiveron unha influencia determinante na importante perda de emprego e no aumento do número de persoas desempregadas".
"A gravidade deste tema do paro vese en que o 61% percibe subsidio, mais só o 31% ten pensións contribuitvas, polo que estamos nunha situación moi grave, na que un 40% do persoal anotado no desemprego non recebe ningún subsidio".
Os salarios máis baixos do Estado Español
A provincia conta con 21 convenios de sector con ámbito de negociación colectiva provincial. Blanco denunciou que Ourense conta cos salarios máis baixos do Estado español, cunha media de 800 euros de salario en bruto, sendo o convenio de limpeza de hospitais e o da Construción dos que superan os 1.000 euros, e os convenios do comercio de pel e torradeiros dos café dos máis baixos cun salario de 624 euros.
Aumento da emigración
Ademais continúa a aumentar a emigración cara outras zonas de Galiza ou mesmo do exterior, pola falta de expectativas e a situación de crise permanente á que se fai referencia.
Por último, o secretario comarcal da CIG de Ourense criticou que "aqui sempre houbo moitas promesas desde as Administracións de dar un trato preferente a Ourense e á Galiza interior, mais nunca se concretaron estas boas palabras, e cotinuamos metidos nun pozo con difícil saída".
Informe socio - laboral
A continuación engadimos a esta nova algúns extractos deste informe polo seu interese e relevancia:
Nos dous últimos anos, estamos sufrindo os efectos dunha crise económica mundial que no caso de Ourense supón agravar a crise permanente na que se atopa ésta zona subdesenvolvida da Galiza. A bonanza económica dos anos anteriores non supuxo un cambio importante no nivel de ocupación e de emprego que sí se disfrutou noutras zonas e nunca se superou a cifra de 125.000 activos ocupantes, mentras a taxa de paro non baixou do 10 % . Pola contra, a emigración a outras partes do Estado e mesmo a Galiza seguiu sendo a válvula de escape para miles de ourensáns, fundamentalmente mozas e mozos que non atopan emprego na terra donde naceron. No ano 2008 a emigración interna, e dicer, a outras partes da Galiza foi de 8.720 ourensáns, mentres que a outras Comunidades ascendeu a 2.844 e ó estranxeiro emigraron 949. A crise tamén provocou o retorno de moitos ourensáns que perderon o seu emprego noutras partes do Estado.
Os anos anteriores foron de enormes beneficios para moitos empresarios e especuladores que non se corresponderon con inversións nas empresas para afrontar melloras no sistema produtivo e de emprego e moito menos que repercutiran en mellores condicións salariais e sociais para ós traballadores e traballadoras.
No 2008 e 2009 como consecuencia da crise, a caída de emprego está levando a que as cifras de paro acaden aumentos records con 24.558 inscritos en novembro nas oficinas de emprego de Ourense, dos cales 6.000 son menores de 25 anos, mentres son numerosas as rescisións de contratos temporais e os ERE aumentan en proporcións alarmantes. No ano 2008 foron 27 empresas as que recurriron a este sistema e 344 os traballadores-as afectados, 23 empresas máis con respecto o ano anterior. E no 2009 foron 53 empresas as que presentaron expedentes que afectaron á 1.119 en suspensión temporal é 100 que rescindiron a súa relación laboral, acadándose un novo record negativo xa que houbo máis traballadores afectados neste ano que nos cinco anteriores o que ensombrece aínda máis as cifras de desemprego, sendo os sectores de Construción,Metal,Téxtil e Servizos donde se está producindo a maior destrución de emprego. Tamén aumentaron de forma considerable as empresas que presentaron Concurso de Acreedores que foron 27 no ano 2008 e outras tantas no 2009 entre as que destacan Egano e Suso Fernández de Construción con máis de 50 traballadores cada unha e agora Vidrieira do Atlantico.
Neste proceso pecharon as súas portas numerosas empresas locais, sendo Chao Escudeiro,Güendolin,Perfeutiño,Fleming Moda, Maconsi,Comoldes, Modas Manzaneda Textil as máis significativas, porque durante moitos anos mantiveron moitos empregos. Trátase de pequenas empresas, pero son as que conforman o tecido industrial en Ourense que está representado por 12.103 sen asalariados, 10.618 con menos de 10 e 990 con máis de 10 traballadores.
Os anos de beneficios empresariais tampouco serviron para mellorar o grave problema do elevado volume de temporalidade na contratación que afecta nesta provincia ó 40% dos asalariados e asalariadas e que nos últimos anos acadan porcentaxes do 92% dos contratos feitos. O abuso na contratación temporal sen causa afecta en maior medida as mulleres ieé máis acusada entre os mozos e mozas. Esta precariedade, está facilitando agora que as empresas se desfagan de persoal con suma facilidade sen ter que proceder á abonar indemnizacións polo despido individual ou por expedentes de regulación de persoal.
Tamén se caracterizou este período polos intentos dos empresarios en reducir os salarios e do poder adquisitivo dos mesmos para manter os beneficios de exercicios anteriores, cargando sobre as espaldas dos traballadores, a consecuencia da crise e así ademáis dos axustes no emprego procedéuse a conxelar ou ofrecer mísera subas salariais.
Tampouco foi distinto o trato das distintas Administracións, central e autonómica, con respecto a Ourense. Boas palabras que falaban de trato especial para esta comarca pero quedou todo en propaganda.
Nesta provincia seguese perdendo poboación a ritmo acelerado e así nos últimos dez anos perdeu 9.142 habitantes, a unha media anual de 1.015 pasando de 345.241 no 2000 a 336.099 no 2008
O avellentamento da poboación aumenta e hoxe só hai 46.380 censados menores de 20 anos mentres que hai 53.538 maiores de 75 anos
Evolución da poboación activa. Datos en miles|
|
2005/III |
2009/III |
Variación. % |
|
|
Ourense
|
||
|
Total |
139,4 |
131,7 |
-5,5 |
|
de 16 a 24 anos |
13 |
10,7 |
-17,7 |
|
de 25 a 54 anos |
105,4 |
100,6 |
-4,6 |
|
de 55 e máis anos |
20,9 |
20,4 |
-2,4 |
Fonte: EPA. INE.
Descendeu a poboación activa en todos os grupos de idade especialmente entre os máis novos, (posiblemente debido á caída da poboación).
Taxa de actividade. Ourense
|
|
Total |
Homes |
Mulleres |
|||
|
|
Taxa de actividade |
Taxa de actividade |
Taxa de actividade |
|||
|
|
2005/III |
2009/III |
2005/III |
2009/III |
2005/III |
2009/III |
|
Total |
53,5 |
55,1 |
63,6 |
62,5 |
44,3 |
48,2 |
|
de 16 a 24 anos |
49,5 |
47,2 |
54,5 |
51,1 |
44,2 |
43,1 |
|
de 25 a 54 anos |
80,7 |
83,1 |
90,8 |
89,6 |
70,6 |
76,7 |
|
de 55 e máis anos |
18,2 |
19,5 |
25,4 |
25,1 |
12,6 |
15,2 |
Fonte: EPA. INE
A pesar da caída da poboación activa, aumentou a taxa de actividade feminina en todos os grupos de idade; pola contra, descendeu a masculina en tódolos grupos de idade.
Evolución da poboación ocupada
|
|
Ourense
|
||
|
|
2005/III |
2009/III |
Variación |
|
Total |
125,1 |
116,1 |
-7,2 |
|
Agricultura |
12,9 |
7,9 |
-38,8 |
|
Industria |
22,5 |
20,8 |
-7,6 |
|
Construción |
15,4 |
11,6 |
-24,7 |
|
Servizos |
74,2 |
76,3 |
2,8 |
Fonte: EPA. INE
Con respecto a hai catro anos, caeu a ocupación un 7,2%, (9.000 postos de traballo), agricultura a construción son os máis afectados. No sector servizos incrementou levemente a ocupación.
Taxa de paro
|
|
Total |
Homes |
Mulleres |
|||
|
|
Taxa de paro |
Taxa de paro |
Taxa de paro |
|||
|
|
2005/III |
2009/III |
2005/III |
2009/III |
2005/III |
2009/III |
|
Total |
8,7 |
12,4 |
6,3 |
11,5 |
11,8 |
13,3 |
|
de 16 a 24 anos |
16,1 |
31,4 |
12,5 |
29,9 |
20,7 |
33,3 |
|
de 25 a 54 anos |
8,2 |
11,0 |
5,6 |
10,3 |
11,4 |
11,9 |
|
de 55 e máis anos |
5,1 |
7,7 |
4,8 |
6,9 |
5,6 |
8,8 |
Fonte: EPA. INE
Forte medre da taxa de paro especialmente entre os máis novos, sexan homes ou mulleres. Por outra parte o que si se aproximou moito nestes anos foi as diferenzas entre sexos.
Poboación inactiva. Ourense
|
|
Ourense |
|
|
|
|
2005/III |
2009/III |
variación |
|
Total |
155,6 |
156,6 |
0,6 |
|
Estudiantes |
17,6 |
14,4 |
-18,2 |
|
Retirados, xubilados e pensionistas |
93,2 |
97,1 |
4,2 |
|
Labores da casa |
29,9 |
29,6 |
-1,0 |
|
Incapacitado permanente |
10,2 |
14,2 |
39,2 |
|
Outra |
4,7 |
1,2 |
-74,5 |
Fonte: EPA. INE
Medre da poboación inactiva, polo aumento dos pensionistas e das invalideces.
Emigracións, inmigración e saldo migratorio. Ano 2008
|
|
Galicia
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
|
|
2008 |
2008 |
2008 |
2008 |
2008 |
|
Emigracións |
87.107 |
37.948 |
9.812 |
12.513 |
26.834 |
|
Emigración interna |
60.191 |
26.725 |
6.607 |
8.720 |
18.139 |
|
Emigración externa |
26.916 |
11.223 |
3.205 |
3.793 |
8.695 |
|
A outra comunidade |
19.481 |
7.736 |
2.618 |
2.844 |
6.283 |
|
Ao estranxeiro |
7.435 |
3.487 |
587 |
949 |
2.412 |
|
Inmigracións |
104.917 |
45.607 |
12.013 |
14.364 |
32.933 |
|
Inmigración interna |
60.191 |
27.397 |
6.112 |
8.281 |
18.401 |
|
Inmigración externa |
44.726 |
18.210 |
5.901 |
6.083 |
14.532 |
|
Doutra comunidade |
22.561 |
9.397 |
2.882 |
3.113 |
7.169 |
|
Do estranxeiro |
22.165 |
8.813 |
3.019 |
2.970 |
7.363 |
|
Saldo migratorio |
17.810 |
7.659 |
2.201 |
1.851 |
6.099 |
|
Saldo migratorio interno |
- |
672 |
-495 |
-439 |
262 |
|
Saldo migratorio externo |
17.810 |
6.987 |
2.696 |
2.290 |
5.837 |
|
Co resto de España |
3.080 |
1.661 |
264 |
269 |
886 |
|
Co estranxeiro |
14.730 |
5.326 |
2.432 |
2.021 |
4.951 |
Fonte IGE
No ano 2008, o saldo migratorio da provincia de Ourense foi positivo (1.851 persoas), sobre todo grazas á chegada de estranxeiros.Con respecto ás outras provincias galegas é negativo, é dicir saen máis persoas de Ourense cara o resto de Galicia , que a inversa.